Esta páxina, é unha ferramenta de consulta, reforzo e ampliación das aprendizaxes básicas traballadas na aula para os discentes do centro. En ningún caso se pode comparar ou reemplazar cualitativamente polo estudo do instrumento na propia aula cun seguimento continuado e presencial". O mesmo ocorre co traballo dos centros ou escolas Tradicionais especializadas. Un dos nosos obxectivos é precisamente, motivar ao alumnado a ampliar o traballo da aula e fomentar tamén a vosa participación activa nas diferentes Asociacións de Música e Baile Tradicional do Concello, que traballan día a día neste eido.
Así como tamén, por suposto, noutro tipo de formacións, proxectos e iniciativas musicais de diversos estilos. Convidámosvos a coñecer máis de preto o gran traballo das mencionadas Asociacións Culturais. Premede nas imaxes para entrar nos seus perfís!!
Outro dos obxectivos desta páxina web é darlle visibilidade a todos os proxectos educativos realizados na Área de Ed. Musical e no propio centro a través dos diferentes equipos educativos. En especial os relacionados co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o proxecto de Radio Escolar e o proxecto como Centro Modelo Ponte nas Ondas. Con todos eles pretendemos poñer en valor o noso patrimonio cultural inmaterial.
Tele Ramalloseir@s
Tele Ramalloseir@s

Directo no Museo Nacional de Antropoloxía (PNO)

"Cóntame un conto"_CEIP Plur da Ramallosa TEO (Vídeo Resumo22_23 )
“EXPO de cabazas do Samaín”
Elixe os teus músicos ou mestr@s preferidos e sácalle partido a todos aos seus "truquiños"
O complemento perfecto ás túas clases presenciais de música e "Percusión Tradicional", a través de leccións privadas na comodidade da túa casa.
E todo isto, da man dunha amplo abano de mestr@s na materia!
Este proxecto, engrandecerá o teu amor e pasión pola música galega!
















































_jp.jpg)

.jpg)
.jpg)



















