Artesáns do noso Concello
Pincha nas imaxes para coñecer máis cousiñas sobre os nosos artesáns da nosa contorna.
Podes ver como ou onde traballan e ata escoitar soar algún dos seus instrumentos
Este espazo nace coa idea de poñer en valor a figura dos "Mestres Artesáns" de "Percusión Tradicional Galega" do noso Concello.
A nosa artesanía constitúe un sector, referente nos eidos nacional e internacional.
Os obradoiros dos nosos artesáns, responden a un perfil de "talentos", que achegan novas ideas á artesanía, incorporando novas competencias, disciplinas, experiencias, formación... Ademais de innovación tanto de materiais como de técnicas, produtos ou procesos.
O seu traballo, e o noso compromiso coa súa aportación á música e a cultura galega enriquécenos como pobo.
Pablo Seoane
Obradoiro de construcción e reparación de todo tipo de instrumentos de percusión tradicional. Artesanía de Galicia.
Vilar de Calo 70, Calo 15886 Teo
FacebooK: https://www.facebook.com/obradoiroseoane
Telf/Whatssap: 657 81 06 11
Correo Electrónico: obradoiroseoane@gmail.com
Iago Salgado
Obradoiro de construcción e reparación de instrumentos tradicionais, instrumentos musicais de percusión e corda, zanfona, pandeiretas, pandeireta personalizada, tambor, pandeiros, caixón, ferreñas, tamboril, baquetas, etc.
Dirección: Vilanova, s/n - RECESENDE - 15886 - Teo (A Coruña)
Facebook: https://www.facebook.com/iagoinstrumentos
Telf/Whatssap: 625 87 65 02
Correo electrónico: salgadoiago@gmail.com