Ritmos Característicos
Ed. Musical
Óscar Suárez Carbia
CEIP Plurilingüe da Ramallosa (Teo - A Coruña)
Bolsa de Estudos Musicais Pablo Seoane
Área de Ed. Musical - CEIP Plurilingüe da Ramallosa
A “Bolsa Pablo Seoane” nace dunha iniciativa promovida dende a Área de Educación Musical do CEIP Plurilingüe da Ramallosa (Teo), xurdida durante o Proxecto de centro Aulas Musicais, e froito dun convenio entre o Centro Educativo e a “Sociedade Recreativa San Xoán de Calo” (Asociación Local na que o gaiteiro “Pablo Seoane”, imparte clases e coordina o Proxecto Educativo da mesma). O alumno/a bolseiro/a acudirá durante un ano a clases de gaita e linguaxe musical de forma totalmente gratuíta á mencionada asociación.
E todo isto, co bo facer, cariño e apoio sempre inestimable de "Pablo Seoane, o noso querido veciño. Gran artesán, músico, docente... E mellor persoa. Grazas amigo!