Radio Escolar
"Radio Ramalloseir@s"
Proxecto iniciado no curso escolar 2020_21, adicado á realización de; obradoiros de Radio, teatro radiofónico, entrevistas, programas culturais, dobraxe, edición e gravación de música e vídeo...
Neste proxecto educativo é preciso destacar tamén a nosa participación nos proxectos “Rede Espora” e “Ponte nas Ondas”. Presentada esta última na UNESCO polos embaixadores de Portugal e España, a candidatura de “Ponte nas ondas”, chegou á fase final da avaliación por parte do organismo internacional. Acadando finalmente esta mención como Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués, proclamadas na XVII sesión do Comité da UNESCO (decembro 2022).
O noso centro educativo forma parte, dese listado de centros que traballamos da man de Ponte nas Ondas, e que recentemente recollemos a mención de "Rexistro de boas prácticas educativas exportables a outros países do mundo dentro do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO.
O Rexistro das Boas Prácticas está conformado por experiencias que demostran a súa eficacia na preservación e a transmisión do patrimonio vivo. Estes métodos e enfoques enténdense como modelos e ensinanzas útiles adaptables a outras circunstancias, incluso en países en desenvolvemento.
Preme nos botóns laterais para entrar nos contidos de Radio Ramalloseiros
RECOÑECEMENTO DA UNESCO COMO PATRIMONIO DA HUMANIDADE Á LABOR DE TODO O COLECTIVO PARTICIPANTE NO PROXECTO "PONTE NAS ONDAS". Recoñecemento obtido na categoría de modelo de boas prácticas educativas!!
"1º Premio no Certame de Podcast "As imaxes do patrimonio" (Ponte nas Ondas)"
Tamén recibimos o 1º premio de fotografía, coa instantánea presentada polo alumno Yoel Ares.
Convite por parte dos “Equipos de Dinamización da Lingua Galega” como relatores nas "Xornadas do día das Letras Galegas; Francisco Fdz del Riego" (2023)
Toda a info deste traballo no seguinte enlace:
"I Congreso de Innovación Educativa e Dixital"
Convite como ponentes ao "Obradoiro de Radio Escolar"; ONDAS DE FUTURO NA ESCOLA
É un orgullo para nós e unha recompensa ao noso traballo ter a oportunidade de compartir a nosa experiencia con máis docentes e alumnado de todo Galicia.
Este é o momento de facervos seguidores/siareiros de "Radio Ramalloseir@s", e que nos deades os vosos "me gusta". Graciassss!!
Aprobada a inscrición con PONTE NAS ONDAS no
rexistro de boas prácticas co Patrimonio
Cultural Inmaterial da UNESCO
• O 17 Comité Intergubernamental da UNESCO que se celebrou este ano en Rabat aprobou este xoves 1 de decembro a proposta conxunta de Galicia e Portugal
• A UNESCO felicita os Estados parte por unha iniciativa “que pon de relevo a participación das comunidades na salvagarda do patrimonio cultural inmaterial compartido”.
• A UNESCO destaca tamén que o proxecto de Ponte...nas Ondas! pode servir de modelo internacional aplicable noutras áreas xeográficas.
Enlace da inscrición do modelo PONTE...NAS ONDAS! NA UNESCO
(versión en francés e español)
A NOSA RADIO ESCOLAR:
METODOLOXÍAS DE TRABALLO:
As dúas propostas, levan implícito, como metodoloxía de traballo, a parte do habitual traballo en aula
e preparación técnica, a creación de grupos e espazos de traballo específicos tipo “co-working”. Cun
marcado carácter tecnolóxico e directamente ligadas ás necesidades que nos demandan os diferentes
procesos de cambio social que estamos a experimentar. Co obxectivo de que estas aprendizaxes lles
sexan útiles aos discentes no seu futuro persoal e profesional. Por suposto isto leva consigo unha
colaboración e participación activa de todo o profesorado. Senón os proxecto non tería sentido, pois
sería imposible un aproveitamento integral de todo o alumnado.
SELECCIÓN DE ESPAZOS FÍSICOS :
Decidimos empregar para estes dous fins educativos (radio e tele), a antiga casa do conserxe do
centro. Despois de moito pensar e barallarmos prós e contra, decidimos que era o mellor sitio por
diferentes motivos. En primeiro lugar porque era un espazo desaproveitado totalmente e en segundo,
porque buscamos en todo momento estar o máis illados posible do barullo das aulas ordinarias e
outros espazos. Para que a vida do centro influíse o menor posible no desenvolvemento destes
traballos por causa da contaminación acústica. Entendendo que o presuposto do centro non pode
asumir unha insonorización total do espazo, pois sería tremendamente custoso.
OBXECTIVOS EDUCATIVOS E COMPETENCIAIS:
Os mencionados espazos creativos implican e supoñen fomentar innumerables competencias
educativas e ademais dun xeito totalmente transversal e globalizado. Pois calquera área do
currículum se pode levar a estes medios de traballo tan innovadores. Fomentando en primeiro lugar a
motivación dos discentes e por engadido, innumerables aspectos vitais para o desenvolvemento
integral e sensorial do alumando. Neste sentido poderiamos destacar mil cousas; o poder da
imaxinación, a maxia de crear, a música como canle para aprender, a expresión e dinamización da
linguaxe escrita e oral, a comunicación, a cultura xeral, diversión, a capacidade de reflexión, o
traballo en equipo, e tamén tecnoloxía, novidade e realidade social.
E todo a través de ferramentas didácticas TIC que teñen pouca presenza na escola e que coa chegada
da informática, Internet e o “abaratamento” da tecnoloxía facilitan o seu uso como ferramentas
didácticas do máis enriquecedoras.
CONCLUSIÓN:
Todas estas actividades serán un xerme para o futuro do noso alumnado. Unha posible saída
profesional para o seu futuro dentro de ámbitos que ás veces descoñecen ou lles quedan moi lonxe
por motivos socio-culturais e/ou inter-xeracionais. Quen sabe, pero pode ser que do CEIP
Plurilingüe da Ramallosa saian novos reporteiros/as, presentadores/as, produtores, directores/as de
cine, “guionistas”, cámaras, compositores/as, investigadores/as, escritores/as...
Como ben di o refrán a única maneira de recoller é sementar, e iso é o que pretendemos facer como
docentes con este proxecto educativo.
Contacto
Contacta co centro vía telefónica ou a través do noso mail para entrevistas, presentacións, etc