top of page
BancoSolidarioInstrumentos_edit.jpg

Banco Solidario de Instrumentos

Se hai unha característica a destacar entre outras moitas, é a conciencia solidaria da nosa comunidade educativa. De aí nace por exemplo, a creación dun “Banco Solidario de instrumentos” para que aqueles  discentes que se viven situacións económicas ou familiares complexas, poidan gozar e aprender con estes instrumentos  tanto en clase como na práctica instrumental diaria nas súas casas.


Esta iniciativa foi financiada e promovida co inestimable apoio da nosa ANPA Río  Tella. Os pais e nais que a constitúen, realizan un traballo excepcional en todos os sentidos. Pero, como Mestre Especialista de Ed. Musical, debo destacar a súa especial sensibilidade e apoio cara todo o relacionado con esta área educativa tan importante para o desenvolvimiento intelectual dos  discentes.


No noso “Banco Solidario de Instrumentos”, dispoñemos entre outras cousas de;  Ukeleles e fundas,  púas,  afinadores, frautas con  sordina,  pandeiretas… Todo isto, grazas á boa xestión que fai nosa ANPA coa solicitude de axudas económicas a diferentes entidades, sempre con fins educativos e solidarios. Apoiando así ao CEIP Plurilingüe dá Ramallosa na dotación de ferramentas educativas para mellorar os recursos e en consecuenca a calidade educativa do centro.

 

Ver aquí nova publicada na web sobre o Banco Solidario: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramallosa/node/2582  

 

Pero a maiores de todo isto, grazas tamén ao apoio económico de nosa ANPA, puidemos dotar a aula doutros instrumentos que brindan un mundo de posibilidades educativas aos alumnos/ as. Estou a falar da iniciación instrumental en instrumentos moi pouco habituais nas aulas regradas; o “baixo eléctrico e a batería”. Comparto ligazón a publicación web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramallosa/node/2257 
Isto permitiunos desenvolver tamén un proxecto que lles encanta a péquechos; a nosa “Aula Combo”. Comparto a ligazón para que poidan ver en que consiste: 

https://www.ramallosamusical.com/aula-combo

Doutra banda, este banco de instrumentos é vital tamén para outros proxectos desenvolvidos na Área de Educación Musical (Proxecto Ukelele, Percusión tradicional Galega,...).

Se por calquera motivo desexas acollerte a este banco de instrumentos só tés que facernos chegar a petición ao seguinte mail:

oscar@ramallosa.org 

Tamén podes facer a xestión a través da ANPA, ou de forma telefónica a través do teléfono de contacto da dirección do centro; 881.866.491.

DONACIÓN DE INSTRUMENTOS

Tamén se poden facer a través da ANPA, doacións altruístas de instrumentos de segunda man para colaborar co banco de instrumentos.  Así que se tés un instrumento aparcado do que te queiras desfacer e che apetece donalo, será sempre benvido e darémoslle unha nova vida.

Grazas de antemán polos vosos xestos solidarios!!

solidaridad.jpeg
ser-solidario-726x484.jpeg
bottom of page