top of page
RadioRamalloseiros Icona def.png

Radio Escolar
"Radio Ramalloseir@s"

Proxecto iniciado no curso escolar 2020_21, adicado á realización de; obradoiros de Radio, teatro radiofónico, entrevistas, programas culturais, dobraxe, edición e gravación de música e vídeo...

Neste proxecto educativo é preciso destacar tamén a nosa participación nos proxectos “Rede Espora” e “Ponte nas Ondas”. Presentada esta última na UNESCO polos embaixadores de Portugal e España, a candidatura de “Ponte nas ondas”, chegou á fase final da avaliación por parte do organismo internacional. Acadando finalmente esta mención como Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués,  proclamadas na XVII sesión do Comité da UNESCO (decembro 2022).

 

O noso centro educativo forma parte, dese listado de centros que traballamos da man de Ponte nas Ondas, e que recentemente recollemos a mención de "Rexistro de boas prácticas educativas exportables a outros países do mundo dentro do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO.

O Rexistro das Boas Prácticas está conformado por experiencias que demostran a súa eficacia na preservación e a transmisión do patrimonio vivo. Estes métodos e enfoques enténdense como modelos e ensinanzas útiles adaptables a outras circunstancias, incluso en países en desenvolvemento.

  • Icono Social SoundCloud
  • YouTube
  • Facebook
banner Radio_CEIP da Ramallosa_Teo.png

Preme nos botóns laterais para entrar nos contidos de Radio Ramalloseiros

logomini5.png
logo schools21c.png
Ponte nas ondas logo.png

        RECOÑECEMENTO DA UNESCO COMO PATRIMONIO DA HUMANIDADE Á LABOR              DE TODO O COLECTIVO PARTICIPANTE NO PROXECTO "PONTE NAS ONDAS".                 Recoñecemento obtido na categoría de modelo de boas prácticas educativas!!        

banner-certames-de-imaxes-do-patrimonio.jpg
DIPTICO-GAL-0001-scaled.jpg
xCwsbaT.jpg

Convite por parte dos “Equipos de Dinamización da Lingua Galega” como relatores nas "Xornadas do día das Letras Galegas; Francisco Fdz del Riego" (2023)
Toda a info deste traballo no seguinte enlace:


http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramallosa/node/3340

 

"I Congreso de Innovación Educativa e Dixital"

Convite como ponentes ao "Obradoiro de Radio Escolar"; ONDAS DE FUTURO NA ESCOLA

É un orgullo para nós e unha recompensa ao noso traballo ter a oportunidade de compartir a nosa experiencia con máis docentes e alumnado de todo Galicia.

Este é o momento de facervos seguidores/siareiros de "Radio Ramalloseir@s", e que nos deades os vosos "me gusta". Graciassss!!

https://soundcloud.com/radio_ramalloseiros

Radio_Congreso.jpg

A NOSA RADIO ESCOLAR:

METODOLOXÍAS DE TRABALLO:

As dúas propostas, levan implícito, como metodoloxía de traballo, a parte do habitual traballo en aula

e preparación técnica, a creación de grupos e espazos de traballo específicos tipo “co-working”. Cun

marcado carácter tecnolóxico e directamente ligadas ás necesidades que nos demandan os diferentes

procesos de cambio social que estamos a experimentar. Co obxectivo de que estas aprendizaxes lles

sexan útiles aos discentes no seu futuro persoal e profesional. Por suposto isto leva consigo unha

colaboración e participación activa de todo o profesorado. Senón os proxecto non tería sentido, pois

sería imposible un aproveitamento integral de todo o alumnado.

SELECCIÓN DE ESPAZOS FÍSICOS :

Decidimos empregar para estes dous fins educativos (radio e tele), a antiga casa do conserxe do

centro. Despois de moito pensar e barallarmos prós e contra, decidimos que era o mellor sitio por

diferentes motivos. En primeiro lugar porque era un espazo desaproveitado totalmente e en segundo,

porque buscamos en todo momento estar o máis illados posible do barullo das aulas ordinarias e

outros espazos. Para que a vida do centro influíse o menor posible no desenvolvemento destes

traballos por causa da contaminación acústica. Entendendo que o presuposto do centro non pode

asumir unha insonorización total do espazo, pois sería tremendamente custoso.

OBXECTIVOS EDUCATIVOS E COMPETENCIAIS:

Os mencionados espazos creativos implican e supoñen fomentar innumerables competencias

educativas e ademais dun xeito totalmente transversal e globalizado. Pois calquera área do

currículum se pode levar a estes medios de traballo tan innovadores. Fomentando en primeiro lugar a

motivación dos discentes e por engadido, innumerables aspectos vitais para o desenvolvemento

integral e sensorial do alumando. Neste sentido poderiamos destacar mil cousas; o poder da

imaxinación, a maxia de crear, a música como canle para aprender, a expresión e dinamización da

linguaxe escrita e oral, a comunicación, a cultura xeral, diversión, a capacidade de reflexión, o

traballo en equipo, e tamén tecnoloxía, novidade e realidade social.

E todo a través de ferramentas didácticas TIC que teñen pouca presenza na escola e que coa chegada

da informática, Internet e o “abaratamento” da tecnoloxía facilitan o seu uso como ferramentas

didácticas do máis enriquecedoras.

CONCLUSIÓN:

Todas estas actividades serán un xerme para o futuro do noso alumnado. Unha posible saída

profesional para o seu futuro dentro de ámbitos que ás veces descoñecen ou lles quedan moi lonxe

por motivos socio-culturais e/ou inter-xeracionais. Quen sabe, pero pode ser que do CEIP

Plurilingüe da Ramallosa saian novos reporteiros/as, presentadores/as, produtores, directores/as de

cine, “guionistas”, cámaras, compositores/as, investigadores/as, escritores/as...

Como ben di o refrán a única maneira de recoller é sementar, e iso é o que pretendemos facer como

docentes con este proxecto educativo.

Contacto

Contacta co centro vía telefónica ou a través do noso mail para entrevistas, presentacións, etc

bottom of page