Éd. Musical
Un tacle dur d'Óscar Suárez
CEIP Plurilingüe da Ramallosa (Teo - A Coruña)
Visita Virtual a Radio Ramalloseir@s
Aquí poderedes facer unha visita virtual a todos os recunchiños do noso novo estudo da nosa RADIO ESCOLAR.
De momento deixámosvos unha fotiño para ir meténdovos cobiza, pero estade atentos/as porque en breve estrearemos este contido
O proceso de traballo foi intenso e máis longo do desexable, pero á vez moi ilusionante. Por suposto aínda nos quedan algúns retoquiños para darlle as últimas pinceladas, pero vendo o estado destes espazos antes de empezar e a chulada de estudo que fixemos, debemos sentirnos moi orgullosos deste proxecto.
O proceso das obras!!
Queremos amosar o noso agradecemento ao Concello de Teo pola súa axuda. E máis en concreto a "Maite",
Concelleira de Cultura no momento do inicio das obras. Grazas por estar aí cando vos precisamos!!
- Reconverter a antiga "cociña da casa do conserxe" nun espazo diáfono.
- Facer a contrata para a instalación da ventana acústica entre este espazo e o novo creado para o faladoiro.
A súa colaboración foi vital para que puideramos empezar a acometer en tempo outras obras
e seguir co acondicionamento dos dous locais.
Entre as outras obras que acometemos dende o centro podemos destacar:
- A colocación de "teitos acústicos".
- A insonorización das paredes.
- Carpintería: Porta do control técnico, paredes...
- Parte eléctrica: colocación de enchufes e paneis luminosos led.
- Escolla e compra de todo o material técnico: Mesa de son, ordenador, micros, cableado, auriculares...
- Montaxe técnico de todo o espazo.
Agradecer encarecidamente, o apoio económico total do Equipo Directivo, e dos Equipos de EDLG e Biblioteca Escolar
do centro. E tamén a unanimidade total e implicación de todo o claustro para poñer a andar o proxecto.
Lamentando, iso si, non ter obtido o recoñecemento agardado ao noso traballo e implicación no proxecto, por parte da coordinadora xeral de Bibliotecas Escolares, dentro do seu programa específico adicado a este medio ("Radio na biblio")
Facer unha mención especial a Ernesto (o noso súper Conserxe), Jose (o noso coidador) e varios docentes implicados especialmente nas obras para evitar elevar en exceso o presuposto da obra; Rafa, Pablo, Noé, Xabi, Mónica, Vanesa, José,... E por suposto, o que vos escribe estas palabras, como coordinador de todo o proceso.
Grazas tamén ás súper cociñeiras do cole, por cedernos parte do que era o seu espazo vital para reconvertelo neste fermoso estudo de radio.
Grazas ramalloseir@s!! Sodes moi grandes!!