ORGANIZACIÓN DE TAREFAS POR AVALIACIÓN
Preme no botón "tarefas de Ukelele" da imaxe da esquerda. Entrarás na páxina de actividades do blogue do "Proxecto UkeCole" e poderás ver o que estamos a facer e planificar o teu estudo de ukelele.
A maiores, neste apartado web atoparás todos os demais contidos que estemos a traballar de Ed. Musical.
Con especial atención ás actividades do "Proxecto de Percusión tradicional" e todo o proceso de aprendizaxe para tocar a pandeireta entre outras cousas.
Todos os contidos desta páxina son realmente obxecto de aprendizaxe.
Sen límites!! Especialmente todos os video titoriais do apartado "MESTRES". Onde tendes videos coa técnica básica do instrumento, exercicios, ritmos...
Da man do profe "Óscar" e de músicos/artistas de recoñecida traxectoria e prestixio dentro da música tradicional galega.
Preme na imaxe para ver os ritmos do exame de pandeireta.
ATENCIÓN!! Este é o mesmo exame dende 3º a 6º. Repetirémolo durante 3 cursos escolares nas tres avaliacións do curso. Máis sinxelo imposible!!
Se o tomas un pouco en serio terás unha notaza asegurada como pandereteir@, e farás moi feliz ao profe Óscar.
3º ED. PRIMARIA (INICIACIÓN)
1. Partes da pandeireta. Agarre do instrumento:
Empezaremos aprendendo cousas básicas como as partes da pandeireta e a forma de collela ou agarre. Tamén podes reforzar estas cousiñas traballadas na aula nestoutro vídeo.
Para coñecer o instrumento a fondo e aos nosos luthiers/artesáns do concello premede nestes enlaces de Pablo Seoane e Iago Salgado.
2. Técnica básica:
Antes de empezarmos a facer calquera ritmo é fundamental traballar a técnica básica para tocar. Despois só será cuestión de practicar cada ritmo que nos propoñamos.
2.1 Técnica básica
2.2 Técnica ritmo abanico
3.2 Técnica xogando con ritmos:
Practica con este musicogramas traballando a técnica básica con "TI" e "TI-CO"
3. Ritmos para traballar esta avaliación:
3.1 Xota de catro/xota curta (son de Rarís)
3.2 Tocaremos o "pasodobre básico" coa técnica do ritmo de "abanico" explicada arriba.
3.3 Pasodobre II, cun ritmo máis complexo parecido ao da xota de 4 (son-son de rarís).
3.4 Ritmo de vals coa mesma técnica de "abanico" do pasodobre básico.
3º - 4º - 5º - 6º ED. PRIMARIA
1. Técnica do instrumento:
Seguiremos traballando o agarre e técnica da pandeireta cos exercicios que xa sabemos.
(Para dúbidas, consultade este apartado nas tarefas do 3º curso).
2. Ritmos para traballar esta avaliación:
- Seguiremos reforzando todos os ritmos xa traballados o curso pasado.
Pero implementando a capacidade de cantarmos e tocarmos ao mesmo tempo e o
"toque co puño".
Por suposto, a cada curso esixiráselle un nivel diferente en cada un dos ritmos.
Avaliando o traballo tendo en conta isto.
2.1 Ritmo de pasodobre básico coa técnica de abanico.
2.2 Ritmo de vals básico (abanico).
2.2 Ritmo de pasodobre II (son-son de rarís).
2.3 Xota de catro/xota curta (son de Rarís).
2.4 Xota de cinco/xota longa (ana come pan).
2.5 Muiñeira (plá-ta-no). 4º sen "riscado" e 5º e 6º "con riscado"
3. Cancións/coplas para cantar e tocar este curso:
3º E.P.
- Vai de póla en póla / Ritmo de Abanico (letra aquí)
- Pasodobre da A Illa (Freixeiro - Sta Comba) / Ritmo de Abanico (Letra aquí)
4º E.P.
- "A saia da carolina": Con ritmo de "abanico". Audio - letra aquí
- Pasodobre de Marfulo (Vilaño - A Laracha). Letra aquí.
5º E.P.
- Tras Tras de Toutón (Letra aquí)
- "Ronda de Mangüeiro" (Avión/Ourense). Letra aquí. Audio aquí
- "Catro vellos mariñeiros": Con ritmo de vals na pandeireta. Letra aquí
6º E.P.
- No salón das Cereixas Xabier Díaz (Letra aquí).
- "Xota do Folgoso" (Cerceda) "ELENA". Tocada con ritmo de xota de 4. Letra aquí.
- "O galo canta": Ritmo de "abanico" na pandeireta. Letra/acordes aquí. Audio.
Panxoliñas tradicionais deste Nadal 2024 _25 (Editando).
- BUSCANDO UNHA ESTRELA (Ed.Infantil e 1º Ed. primaria). Descarga a letra e acordes.
- OS TRES REISES MAGOS. (Cantan/tocan 2º EP) Descarga a letra e os acordes aquí.
- ALÓ ENTRE AS PALLAS. (Cantan/tocan 3º EP). Letra e acordes aquí.
- O PELO ROXIÑO. (Cantan/tocan 4º EP) Descarga a letra e acordes aquí.
- "UNHA POUCA ROUPIÑA" (Cantan/tocan 5º EP) Descarga a letra e acordes aquí.
- O APALPADOR. (Canta 6ºEP). Letra e acordes aquí.
NOTA:
Neste pdf xeral, podedes ver todas as letras e os enlaces aos audios sen acordes.
Excepto a peza "Aló entre as pallas".
* OUTRAS
- Panxoliña dos ramalloseir@s "Algho han de traer". Letra aquí/Música aquí.
- "Nadal de Luíntra" (Berrogüetto). Letra aquí/ Música e acordes aquí.
BAILE GALEGO:
PROGRAMANDO peciñas para aprendermos unhas cousiñas básicas do noso baile tradicional
galego. Velaquí partillamos varios recursos para aprender e practicar.
PEZA 1. Música: "Buxos verdes" (Muiñeira)
* Vídeo-titoriais cortesía de "Grabiela Casal", da "A. C. A Mámoa" (Luou-TEO) & "Global Muiñeira" (Gadis):
Punto 1 (Abro pernas - pecho - Xiro,Xiro,Xiro // Unha vez á dereita outra á esquerda) VER VÍDEO
Punto 2 (Rouceo cos talóns a rtmo de muiñeira - Punto extraído de "Global Muiñeira") VER VÍDEO
Punto 3 (Pa-para abro, paa-para pecho, paa-para punta, tacón, xunto) VER VÍDEO
PEZA 2. Música: "Muiñeira Sinxela"
* Vídeo-titoriais cortesía de "Montse Rivera", "Marcos Botana", "Pesdelán" e "Merlo Branco".
TEORÍA XERAL + PUNTOS EXPLICADOS:
// PICADO-PICADO POR ATRÁS // ADIANTE-ATRÁS // TACÓN-PUNTA //
// TOQUE NO XEONLLO // SALTOS CRUZADOS ATRÁS
BAILE COMPLETO CON MÚSICA PUNTOS POR SEPARADO
RECURSOS COMPLEMENTARIOS PARA TODOS OS CURSOS:
O TEU METRÓNOMO IDEAL PARA ESTUDAR. PREME AQUÍ!!
E lembra marcar os tempos de subdivisión ternaria para tocar xotas, muiñeiras,...
* Outras actividades anuais relacionadas con proxectos do centro e coa Área de Musica:
Ao longo de todo o curso seguiremos traballando en diversos proxectos xa iniciados con
anterioridade. Tanto da propia área da música, como de maneira interdisciplinar
noutros a nivel centro.
- Proxecto Ukecole (4º - 5º- 6º EP). Máis info aquí.
- Proxecto Didáctico Antonio Fraguas: "EcoParloteo: Froitos da Terra". Info aquí
- Polos creativos. Preme aquí.
- Proxecto recollida. Preme aquí.
- Radio escolar. Preme aquí.
- Aula Combo. Preme aquí .
- A nosa banda. Preme aquí.
- Cóntame un conto. Preme aquí.
- Ao son da nosa música. Preme aquí.
- Músic@s galegas. Preme aquí.
- Outros instrumentos da aula: Aprende batería e baixo eléctrico. Vídeo-titoriaís aquí.
....
* VISITAS educativas das nosas "Asociacións culturais de música tradicional galega" e "Bandas de música do concello" e outras limítrofes.
* Saídas a concertos e outras actividades culturais.
* Visita o blogue do profe para ver actividades, montaxes, fotos... Aquí
Vive a experiencia de sentir a nosa Lingua, música e cultura!!
1ª AVALIACIÓN
2ª AVALIACIÓN
O PUBLICADO NESTA PÁXINA. TRABALLO INICIÁNDOSE E SUXEITO A POSIBLES ADAPTACIÓNS ATENDENDO AOS CRITERIOS DE FLEXIBILIDADE PROPIOS DO PROCESO DE ENSINO APRENDIZAXE.
ENTRA TAMÉN EN TODAS AS TAREFAS DE UKELELE PREMENDO ARRIBA NO RECADRO AO CARÓN DO LOGO DESTE PROXECTO.
PROGRAMANDO
3ª Avaliación
PROGRAMANDO