
Iago Salgado

Este espazo nace coa idea de poñer en valor a figura dos "Mestres Artesáns" de "Percusión Tradicional Galega" do noso Concello.
A nosa artesanía constitúe un sector, referente nos eidos nacional e internacional.
Os obradoiros dos nosos artesáns, responden a un perfil de "talentos", que achegan novas ideas á artesanía, incorporando novas competencias, disciplinas, experiencias, formación... Ademais de innovación tanto de materiais como de técnicas, produtos ou procesos.
O seu traballo, e o noso compromiso coa súa aportación á música e a cultura galega enriquécenos como pobo.

Iago Salgado
Obradoiro de construcción e reparación de instrumentos tradicionais, instrumentos musicais de percusión e corda, zanfona, pandeiretas, pandeireta personalizada, tambor, pandeiros, caixón, ferreñas, tamboril, baquetas, etc.
Dirección: Vilanova, s/n - RECESENDE - 15886 - Teo (A Coruña)
Facebook: https://www.facebook.com/iagoinstrumentos
Telf/Whatssap: 625 87 65 02