top of page
Artesáns
banner instrumentos perc
Ritmos_característicos_banner_1
Ritmos banner 4

 Instrumentos de Percusión Tradicional Galega

instrumentos_banner 3.jpg

bombo confeccionase cun gran cilindro de madeira con dúas

membranas de pel. Tócase cunha única maza e leva o ritmo

principal acompañando a gaita, pero nunca superando o son desta.

tamboril é similar ao bombo, pero de moito menor tamaño e polo

tanto, de son mais agudo, e tánxese con dúas baquetas. Ten bordóns

só na parte superior. A medida que as pezas, instrumentos e formacións

foráneas foron introducíndose na cultura galega, os tamborís foron

substituídos por redobrantes de son máis seco, como a caixa, que permite

redobres máis nítidos e doados. Desde comezos do século vinte regrésase

ao uso de tambores de madeira e pel como acompañantes da gaita, facendo

aparición o tambor galego actual, evolucionado desde os antigos tamborís[2].

pandeiro (semellante ao adufe portugués) é cadrado, ten dúas caras e no

seu interior colócanse os axóuxeres que acompañan o son do parche.

Interprétase apoiando nunha man e tanxido pola outra, facendo a man de

apoio tamén golpes sinxelos. Outros tócano apoiado no colo ou atado cunha

cinta ao pescozo, sendo este un xeito de tocar máis moderno.

pandeireta é un instrumento tradicionalmente feminino e consiste nun aro

de madeira con dúas filas de pares de ferreñas alternadas. Do aro cóbrese só

unha cara, que é a que se golpea contra o pulso, a palma da man ou os extremos

dos dedos. O xeito de tocalo depende das zonas e do intérprete, e tanto acompaña

outros instrumentos como serve de único acompañamento para a interpretación

de cancións. O seu pequeno tamaño, a súa versatilidade e o relativamente barato

da súa construción fixo que actualmente sexa un instrumento moi popular.

A pandeira, é unha mistura de pandeiro e pandeireta. Moi típica dos Ancares,

consiste nunha tipoloxía de pandeiro redondo, (duns 40-50 cm de diámetro e

8-12 cm de alto), pero con ferreñas. Resaltar que, a pequena pandeireta actual

comparte denominación nalgunhas zonas de Galicia coa pandeira. Polo que é

difícil saber cando as coplas tradicionais se refiren a un ou outro instrumento.

Dúas cunchas de vieira rascadas unha contra outra tamén poden

acompañar calquera peza, así como as tarrañolas, que son dúas

lamelas de madeira ou incluso xisto.

charrasco, un instrumento menos empregado na actualidade.

Consiste nun mango longo de madeira, en cuxo extremo superior vai un

rectángulo de madeira, onde se sitúan un número variable de ferreñas.

Un arame vai da parte superior á inferior pasando por un pau transversal

que o tensa. Cun pau golpéase ou rózase o arame, e ao tempo golpease

o instrumento enteiro contra o chan. O seu uso segue sendo máis habitual

actualmente, nas charangas de Nadal. É especialmente característico,

da zona das Rías baixas).

Se tés interés por coñecer un montón máis de instrumentos musicais da nosa

tradición galega, non deixes de visitar a web do "Consello da Cultura Galega". 

Ten un apartado riquísimo adicado especialmente a toda esta materia, con imaxes,

vídeos tocando os diferentes instrumentos... E todo o que temos recollido sobre a

orixe de cada instrumento, como e cando os tocaban os nosos antepasados etc.

bombo.jpg
tamboril.jpg
Charrasco.jpg
pandeiro.jpg
pandereta.jpg
cunchas vieira.jpg
Tarrañolas.jpg
pandeira-de-42-cm.jpg
logoconsello_azul_0.gif
instrumentos Consello da Cultura.png
bottom of page